TODOS EN PROL DO GALEGO

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego

domingo, 20 de mayo de 2012

Retorno da Barda


Non mentirei,
retomo a poesía
sabendo que será una merda.
Síntome baleira, non hai sentimentos nos que furgar,
xa non son poeta,
son una alma desesperada
buscando quen é
nunha manchea de letras.

viernes, 18 de mayo de 2012

Dúbidas existenciais




Que é o futuro?
Que hai?
Moitas veces preguntámonolo
sen decatarnos do estúpido,
irreflexivo,
que é.
O futuro non é,
será,
e non hai,
haberá.
E que será?
Que haberá?
Será e haberá
o que nos queiramos
que sexa e haxa.
O futuro facémolo nós,
dende o presente.
Tal vez
deberiámonos preguntar:
Que somos?
Que temos?

jueves, 10 de mayo de 2012

Volta ás verbas

Volvo outra vez, a escribir para ninguén. Volverei a escribir só para recordarme que podo seguir escribindo, e colgareino en internet sabe deus para que.
Despois dun tempo sen mirar para o blogue, decidín que xa era hora de seguir con el, e seguirei con máis poesía, e con algún relato curto que escriba entrementres. Pero xa non será coma antes, porque eu non son coma antes. Non sei que espero disto, non sei se alguén, a parte de min, notará a diferencia entre os meus poemas de antes e os de agora, pero para min, haina, e enorme. Unha diferencia marcada polo meu "exilio" particular e pola madurez que eso me deu.
En definitiva, quero facer un aparte. As poucas poesías de antes que me dignei a compartir, seguirán ahi, pero non creo que volva a compartir ningunha poesía das escritas hai xa case dous anos. Non porque me avergonce, senón porque xa non o preciso, nin quero precisalo, porque espero poder escribir novos poemas, sobre a persoa que son agora, que eu sei que non é como a de antes.
Deixo este escrito sen sentido algún que non penso reler, porque non, porque non é arte, non é nada, só unha reflexión que precisaba facer eu mesma e que prefiro deixar aqui para que non pareza que estou tola e que lla estou contando a alguén.
Grazas, queridos lectores, non se agolpen para facer comentarios.

lunes, 15 de noviembre de 2010

Progreso

Son

O eco do que fun

E un berro rebelde do que serei.

Amélie

Gustaba

Do olor do céspede acabado de cortar

De pasear sen paraugas mentres chovía

E de romper a cortiza que caía dos álamos.

Non gustaba

Do barullo baleiro e insoportábel

De que lle levasen a contraria

Nin de pensar que o seu destino non fose seu

Adeus

Cada noite, temo quedar soa
e afastarme da civilización…
porque é entón cando me ataca a miña sombra.
Creba o último fío que me mantiña sostida á razón.
Comezo a perder o control do meu trémulo corpo.
Todo son tebras.
O buraco negro do meu corazón
non cede nin un milímetro á calma,
cada intento por razoar
é un novo ataque contra min mesma.
Xa só queda una saída…
Ser ou non ser, dixo Hamlet…
Eu, decidín non ser.

domingo, 15 de agosto de 2010

Crise existencial

Debaixo da ducha

procuro desfacerme de todo o que son,

intento arrincarme a pel,

como as serpes.

Porque o fedor que desprende

a miña pútrida alma

resúltame repulsivo incluso a min.

Non sei quen son

Non sei quen quero ser

Pero sei

que non

quero

ser

EU