TODOS EN PROL DO GALEGO

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego

jueves, 10 de mayo de 2012

Volta ás verbas

Volvo outra vez, a escribir para ninguén. Volverei a escribir só para recordarme que podo seguir escribindo, e colgareino en internet sabe deus para que.
Despois dun tempo sen mirar para o blogue, decidín que xa era hora de seguir con el, e seguirei con máis poesía, e con algún relato curto que escriba entrementres. Pero xa non será coma antes, porque eu non son coma antes. Non sei que espero disto, non sei se alguén, a parte de min, notará a diferencia entre os meus poemas de antes e os de agora, pero para min, haina, e enorme. Unha diferencia marcada polo meu "exilio" particular e pola madurez que eso me deu.
En definitiva, quero facer un aparte. As poucas poesías de antes que me dignei a compartir, seguirán ahi, pero non creo que volva a compartir ningunha poesía das escritas hai xa case dous anos. Non porque me avergonce, senón porque xa non o preciso, nin quero precisalo, porque espero poder escribir novos poemas, sobre a persoa que son agora, que eu sei que non é como a de antes.
Deixo este escrito sen sentido algún que non penso reler, porque non, porque non é arte, non é nada, só unha reflexión que precisaba facer eu mesma e que prefiro deixar aqui para que non pareza que estou tola e que lla estou contando a alguén.
Grazas, queridos lectores, non se agolpen para facer comentarios.

No hay comentarios:

Publicar un comentario