TODOS EN PROL DO GALEGO

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego

lunes, 15 de noviembre de 2010

Progreso

Son

O eco do que fun

E un berro rebelde do que serei.

Amélie

Gustaba

Do olor do céspede acabado de cortar

De pasear sen paraugas mentres chovía

E de romper a cortiza que caía dos álamos.

Non gustaba

Do barullo baleiro e insoportábel

De que lle levasen a contraria

Nin de pensar que o seu destino non fose seu

Adeus

Cada noite, temo quedar soa
e afastarme da civilización…
porque é entón cando me ataca a miña sombra.
Creba o último fío que me mantiña sostida á razón.
Comezo a perder o control do meu trémulo corpo.
Todo son tebras.
O buraco negro do meu corazón
non cede nin un milímetro á calma,
cada intento por razoar
é un novo ataque contra min mesma.
Xa só queda una saída…
Ser ou non ser, dixo Hamlet…
Eu, decidín non ser.

domingo, 15 de agosto de 2010

Crise existencial

Debaixo da ducha

procuro desfacerme de todo o que son,

intento arrincarme a pel,

como as serpes.

Porque o fedor que desprende

a miña pútrida alma

resúltame repulsivo incluso a min.

Non sei quen son

Non sei quen quero ser

Pero sei

que non

quero

ser

EU

martes, 10 de agosto de 2010

ADOLESCENCIA

Quero correr saltar cantar bailar falar ver oír ulir sentir chorar de alegría quererte até rebentar deitarme na herba fresca sentar no chan durante horas mentres chove rir ata quedar sen aire loitar polo que creo esquecer a impotencia borrar a resignación do meu dicionario

BERRAAAAAAAAAAARRR.

Quero dicir o que penso…

Quero dicir o que penso…

Quero…

dicir…

o que penso!

E os demais… que digan misa!

lunes, 9 de agosto de 2010

A FIN DO MUNDO

Contaminación, deforestación, incendios…

EGOÍSMO

Quentamento global, desxeo,
Cambio climático…

CONSECUENCIAS

Terremotos, inundacións, furacáns,
Volcáns en erupción, tormentas…

VINGANZA

Morte, traxedia, destrución,
Bágoas, fame, desolación

NÓS

De novo por aquí

Decidín comezar de cero co blogue, porque o traballo de grego non prosperou, e como teño cousas que compartir, e non sei onde, vou recorrer ó típico.
A partir de agora, deixarei aquí todo o que escriba.
Unha aperta!